Con motivo da incorporación dos traballadores do ERE suspensivo, a nosa Dirección de Area esta a negociar a desvinculación da Empresa da xente de máis idade.
Esta actuación está a acontecer en toda España cunha SUBSTANCIAL DIFERENZA:
AS CONDICIÓNS ECONÓMICAS OFERTADAS NOUTRAS AREAS SON INFINITAMENTE SUPERIORES AS OFERTADAS NA AREA GALICIA.
Ante esta inxusta actuación, o Comité quere convocar a todos aqueles traballadores que se encontren nesta situación a que se poñan en contacto con nós para poder estudar cada caso concreto
O vindeiro martes, día 25, o Comité se reunirá as oito do serán para tratar entre outros este tan grave e importante tema, e establecer as medidas a tomar.
Calquera que esté interesado en asistir a esta reunión, pode poñerse en contacto cos membros do Comité.
Un saúdo,