"As vosas opinións e suxerencias son vitais para que entre todos consigamos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade." comité a coruña
18 de set. de 2013
17 de set. de 2013
Por fin se nos recibe
Boas noites a todos,
Como comunicábamos na pasada entrada, este pasado venres produciuse un fito histórico: A empresa se reuniu co Comité para, cando menos, tratar algúns asuntos.
Agardamos que esta non sexa a última vez na que nos poidamos xuntar e, como di a nosa cabeceira, entre todos podamos facer un entorno de traballo mais eficaz.
Nas pestanas superiores tedes copia do acta da reunión.
Aproveitamos tamén para comentar que o vindeiro xoves 26-9, haberá reunión ordinaria do Comité, se queredes que se trate algún asunto en particular poñédevos en contacto con calquera dos membros do Comité ou por medio do blog.
Un saúdo a todos.
11 de set. de 2013
REUNIÓN COA EMPRESA
Despois de moitos intentos por parte do Comité para manter unha reunión coa Dirección da Empresa parece que por fin os intentos ven a luz.
O vindeiro venres día 13-9-13, unha representación do Comité, xunto cos os seus asesores sindicais, manterán unha reunión coa Dirección para tratar asuntos de interese de todos.
Se alguén está interesado en que expoñamos calquera tema pode poñerse en contacto cos membros do Comité do xeito que estime convinte. Xa sabedes que neste mesmo blog existe unha ligazón para poder facer comentarios totalmente anónimos.
Un saúdo a todos,
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)