A
partires do 7 de xaneiro poderase solicitar na Axencia Tributaria a dedución no
IRPF actualmente en vigor para quen teña ao seu cargo menores de 3
anos, por parte das familias numerosas e/ou con diversidade funcional
A
solicitude poderase presentar por internet ou teléfono, a partir do 7 de
xaneiro e presencialmente dende o 3 de febreiro, en calquera oficina da Axencia
Tributaria, logo de formalización na web da Axencia, impresión e sinatura por
parte das persoas solicitantes.
O
modelo de solicitude poderase presentar por internet na web da Axencia
Tributaria (www.agenciatributaria.es)
mediante 'Cl@ve', 'PIN 24 horas', DNI electrónico ou certificado dixital. Ao
final da carta remitida ás persoas beneficiarias recóllese o Código Seguro de
Verificación (CSV) requirido para as novas altas en Cl@ve daquelas persoas
beneficiarias que non estean rexistradas no PIN 24 horas. A solicitude tamén se
poderá formalizar a partir desa data por teléfono chamando ao 901 200 345.
A
solicitude do pagamento anticipado poderase realizar de xeito colectivo
ou individual mediante a presentación dun novo modelo, o 143, por cada unha das
deducións, acumulables entre si, ás que as persoas beneficiarias teñan dereito
(100 euros mensuais por familia numerosa e por cada descendente e ascendente
con discapacidade; 200 euros no caso de familias numerosas de categoría
especial).
As
deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou
ascendente con discapacidade e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso
de familias numerosas de categoría especial, calcularanse de forma proporcional
ao número de meses en que se cumpran os requisitos.
Os
requisitos son dous:
- realizar
unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidade
alternativa;
- ter
dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendente con discapacidade,
ou ser ascendente ou irmán/á orfo/a de pai e nai formando parte dunha familia
numerosa.
O
límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas totais á
Seguridade Social e/ou mutualidades devindicadas en cada período impositivo. Se
se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendentes e/ou
descendentes con discapacidade, o límite aplicarase de forma independente
respecto de cada un deles.
As
deducións incluiranse na declaración anual de IRPF do 2015, a presentar en
2016, onde se regularizarán as cantidades que se tivesen percibido como
aboamento anticipado.
Cando
existan varias persoas beneficiarias dunha mesma dedución, o aboamento
anticipado solicitarase de xeito colectivo ou individual, elección que se
poderá modificar para as distintas deducións en xaneiro de cada ano.
No
caso da solicitude colectiva, deberán subscribir a solicitude todas as persoas
solicitantes que puidesen ter dereito á dedución. Quen figure como primeira
solicitante deberá cumprir os requisitos para o aboamento da dedución no
momento en que se presente a solicitude e será quen reciba a transferencia
bancaria mensual. Se as persoas beneficiarias optan, en cambio, pola solicitude
individual, o importe da dedución dividirase entre as distintas persoas
solicitantes por partes iguais.