Publicada a orde da axuda
de pagamento único por filla/o menor de 3 anos
O prazo de presentación das solicitudes ábrese o martes 4
de abril e remata o 26 de maio
O martes 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a
prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres
anos, correspondente a 2017. Novamente, quedan excluídas destas axudas as
persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a
obriga de facelo.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas
que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados
entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, in-cluídos) e que, durante o ano 2015, nin
elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen
obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período,
nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla
ou fillo menor de tres anos, na seguinte contía:
– Cando sexa a primeira crianza: 360 euros.
– Cando sexa a segunda crianza: 1.200 euros.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400
euros.
O prazo de presentación das solicitudes será de 35 días
hábiles, contados a partir do día 4 de abril. Dado que a nova normativa non
contabiliza os sábados como hábiles, o último día para presentar a solicitude
será o 26 de maio.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía
electrónica a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica
da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en
calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa reguladora do
procedemento administrativo común.
Podes consultar a orde do DOG nesta ligazón: