Bos días,
Como algúns xa coñecedes, o vindeiro día 24 celebrarase en Madrid o xuizo interposto por dous compañeiros, contra a empresa e toda a mesa de negociación do E.R.E., sobre suspensión de contrato de traballo e de tutela de liberdade sindical.
Dado o carácter reservado dos datos non publicaremos neste blog a demanda que inclúe, evidentemente, ó noso representante na negociación do E.R.E.
Quen teña interés en coñecer algún dato a maiores do xuizo pódese poñer en contacto co comité de empresa.
Iremos informando puntualmente do que aconteza no xuizo.
Saúdos,
¿Podríais explicar mejor que significa esto? ¿Esta audiencia es en Madrid? ¿Quién paga los abogados y los viajes? ¿Qué le supone al ERE?
ResponderEliminarA demanda esta interposta porque entraron en suspensión dous membros do comité da Zona Centro (un deles desgraciadamente faleceu nesta semana). Efectivamente o xuizo é en Madrid e demandan á empresa e a toda a mesa de negociación do ERE.
EliminarOs gastos terían que ir por conta da empresa (según acordó final do ERE) pero xa se sabe que o cumplimento está sendo.... en fin...
Ao ERE como tal non lle vai supoñer nada... simplemente que, de prosperar a demanda, a empresa tería que sacar da suspensión os dous representantes sindicais.
De todos modos é unha demanda curiosa e veremos o posicionamento dos Sincatos Estatais (CCOO, UGT e USO)...