A
FCM-CIG solicita a paralización total da actividade no sector da construción
Inspección
de Traballo xa tivo que actuar nas obras ante os graves incumprimentos en
materia de seguridade
Nacional - 25
Mar 2020

A central ten
recibido ducias de queixas de traballadores/as a respecto da falta de EPIs, de
que continúan a desprazarse todos/as xuntos no mesmo vehículo sen manter
ningunha medida de precaución, ou que os operarios e operarias se aglomeran en
grandes obras como se non estiveramos nunha situación de alarma sanitaria. Por
outra parte, explican dende a FCM-CIG, hai actividades no sector nas que
resulta imposíbel conservar a distancia mínima recomendada de seguridade (que
ascende, segundo os expertos neste momento, aos 2 metros): a montaxe de
andamios, o traballo en espazos confinados, os desprazamentos ás obras, etc.
A este respecto,
subliñan que "non podemos comprender como o Goberno lle esixe á poboación
medidas absolutamente dignas dun estado de excepción, e por outra se lle esixe
ao persoal da construción que traballe con total normalidade".
Como exemplo desta
situación, a FCM-CIG apunta á obra de ampliación das instalacións de INDITEX en
Sabón (na imaxe), e concretamente na construción da nova nave de Trisko, na que
prestaban servizos cerca de 200 operarios de diversas subcontratas sen ningunha
medida de seguridade; ou nos sectores da lousa e da pedra onde o traslado do
persoal se realiza nos vehículos das empresas "nos que para nada se
respectan as medidas de separación dispostas".
Situación similar
sucede nos tramos en obras do AVE en Ourense, cun inmenso trasfego de
traballadores/as que a diario chegan de diferentes puntos do estado, ou o caso
da obra da Cidade da Xustiza en Vigo, onde están a traballar máis de 100
operarios/as.
En todos eses casos
e moitos outros, a CIG xa denunciou a inexistencia de medidas de protección
fronte ao Covid19. A consecuencia desas denuncias, nomeadamente na de INDITEX,
a Inspección de Traballo acreditou a certeza dos feitos e obrigou a empresa a
estabelecer medidas coma a distancia de seguridade, o uso de máscaras, ou os
controis de temperatura matutinos a todos os operarios e operarias, entre
outras.
Es totalmente necesario que pare la construcción y protejan a nuestro colectivo. Ya hacen bastante los gremios de alimentación, sanitarios y otros que si son los imprescindibles, como diría bertolt brech. Un aplauso para ellos
ResponderEliminarnecesario e urxente! hai moitos compañeiros arriscando a súa saúde.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar