18 de set. de 2013

TABOAS SALARIAIS 2013


xerador led comité acciona a coruña
 
Bos días,
 
A falta da súa publicación no B.O.P. de A Coruña e D.O.G.A. publicamos as táboas salariais para o ano 2013.
Estas táboas supoñen un incremento dun 0,6% sobre as táboas do 2012, e terán efecto dende o 1 de xaneiro 2013.
Asemade, tedes ao voso dispor no blog (no apartado de documentación de interese) o convenio para a provincia de A Coruña, aprobado para o periodo 2012-2016 (pendente tamén de publicación).
Saúdos,

17 de set. de 2013

Por fin se nos recibe


 
Boas noites a todos,
 
Como comunicábamos na pasada entrada, este pasado venres produciuse un fito histórico: A empresa se reuniu co Comité para, cando menos, tratar algúns asuntos.
 
Agardamos que esta non sexa a última vez na que nos poidamos xuntar e, como di a nosa cabeceira, entre todos podamos facer un entorno de traballo mais eficaz.
 
Nas pestanas superiores tedes copia do acta da reunión.
 
Aproveitamos tamén para comentar que o vindeiro xoves 26-9, haberá reunión ordinaria do Comité, se queredes que se trate algún asunto en particular poñédevos en contacto con calquera dos membros do Comité ou por medio do blog.
 
Un saúdo a todos.

11 de set. de 2013

REUNIÓN COA EMPRESA

Despois de moitos intentos por parte do Comité para manter unha reunión coa Dirección da Empresa parece que por fin os intentos ven a luz.
 
O vindeiro venres día 13-9-13, unha representación do Comité, xunto cos os seus asesores sindicais, manterán unha reunión coa Dirección para tratar asuntos de interese de todos.
 
Se alguén está interesado en que expoñamos calquera tema pode poñerse en contacto cos membros do Comité do xeito que estime convinte. Xa sabedes que neste mesmo blog existe unha ligazón para poder facer comentarios totalmente anónimos.
 
Un saúdo a todos,