25 de xan. de 2013

Aclaración Calendario/Horario

Boas noites a todos,
Ante as dúbidas e preguntas que están a xurdir polos comentarios dos compañeiros, queremos facer esta nota aclaratoria:
Dende o comité presentáronse varias propostas de calendario/horario como base para chegar a un acordo que fora convinte para os traballadores e, evidentemente, para a empresa.
Unha desas propostas estaba baseada na xornada flexible pero nas primeiras reunións de traballo rexeitouse por parte da empresa por ser, ao seu entender, de imposible aplicación. As outras propostas melloraban un pouco a situación do horario actual: ampliación da xornada intensiva en 8 días hábiles cun horario de 08:00 a 14:30 (no lugar do que tiñamos de sair ás 15:00), adiantar a hora de entrada en 15' e a de saída noutros 15' a cambio, básicamente, dos días 26 e 27 de decembro que foron neste ano obxeto de discusións. 
Neste momento de negociación estábamos cando de xeito totalmente inesperado e unilateral a empresa decidiu romper as negociacións.
A única alternativa que ofrece é manter o horario que rexía o ano pasado, sen ningunha modificación.
Ante esta situación, soio podemos tomar dúas posicións:
asinar o calendario que a empresa impón e continuar como até de agora ou ben, non asinalo e arriscar a que o calendario que rixa sexa o asinado por sindicatos/patronal que podería supoñer a perda das melloras sobre o calendario do convenio. (básicamente xornada intensiva e venres tarde).
Antes de tomar unha decisión gustarianos coñecer a opinión de todos vós.
Un saúdo,


"entre todos faremos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade."

22 de xan. de 2013

Calendario/Horario Oficinas Zona

Como anunciamos na entrada anterior, adxunto o calendario/horario que se está a negociar.

Se ben houbo outras propostas por parte do comité, nin se chegaron a tratar. Este calendario/horario está proposto unilateralmente por parte da dirección. 

Non asinalo suporía que o calendario que entraría en vigor é o xeral asinado por Sindicatos e Patronal.

Agardamos os vosos comentarios para asinar, ou non, o proposto pola empresa. 

Calendario asinado por Patronal e Sindicatos:

Saúdos a tod@s.


"entre todos faremos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade."

19 de xan. de 2013

CALENDARIO E HORARIO OFICINAS ZONA

Boas tardes,
Nestes días, e até o 30 de xaneiro, estamos a negociar a confección do calendario/horario das Oficinas de Zona.
A intención do Comité e que tod@s participemos activamente na súa elaboración e, para iso, nas próximas datas recibiredes un correo electrónico e colgaremos do blog as propostas que se están a negociar.
Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración
Un saúdo,


"entre todos faremos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade."



10 de xan. de 2013

Benvida

Ola compañeir@s,


Temos creado este blog para intentar comunicarnos con todos vos,  pedir as vosas opinións e que vexades o día a día do traballo do comité de empresa. 



Nos próximos días iremos engadindo documentos que consideramos de interés e que amosan as inquietudes de todos os que formamos parte da empresa.



Non deixedes de colaborar activamente no blog. As vosas opinións e suxerencias son vitais para que entre todos consigamos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade.



Para calquera tema que queirades plantexar non dubidedes en poñervos en contacto co comité nos correos da páxina "Quen Somos" ou:


comiteaccionacoruna@gmail.com

non é a nosa intención moderar este blog para que tod@s nos poidamos expresar libremente. Por favor, cuidade os comentarios e a linguaxe.