28 de out. de 2013

Denegación Prestación de Desemprego a Empregados Afectados Polo ERE

Sorprendentemente o SEPE (SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO ESTATAL), dependendo da Zona, está tomando decisións distintas no cobro da prestación por desemprego dos compañeiros que, despois de seis meses de suspensión, a empresa decide pasar a extinción.
  • Directamente non recoñece a prestación
  • Concede a prestación e despois a revoca (o que supón a devolución do cobrado!!!!!)
Este problema xurdiu en Andalucía, Zona Centro e Zona de Aragón-Levante e até de agora está a afectar a 16 compañeiros pero, visto o visto, o que moi probablemente suceda é que se revoquen todas as prestacións recibidas e o traballador sexa obrigado a devolvelas.
 



O argumento que expón o SEPE é que NON PODE HABER DÚAS SITUACIÓNS DIFERENTES DENTRO DO MESMO E.R.E.!!!!!!!!!!! (suspensión e extinción)
 

Un compañeiro xa denunciou a situación e o xuízo está previsto para decembro 2014!!!!!!! o que supón que vai estar máis dun ano sen percibir cantidade algunha.
 

A única axuda que está a prestar a empresa é a de preparar as alegacións oporturnas, segundo caso de cada traballador, para entregalas no SEPE.
 

Nas seguintes ligazóns tedes o escrito da Comisión de Seguimento do ERE e a resposta da Empresa.