26 de abr. de 2013

Comisión seguimento ERE

Ante a manifesta intención da empresa de deixar sen contido a Comisión de Seguimento do ERE, e as reiteradas negativas a entregar a documentación solicitada pola representación legal dos traballadores, a RLT (representación legal dos traballadores) decidiu abandonar as reunións coa Empresa até que toda a información solicitada sexa entregada.
Adxunto escrito entregado onte aos Representantes da Empresa.

12 de abr. de 2013

E.R.E. Acciona Energía

Barbas a remollar!!!!!

O terceiro ERE.

Se ledes con atención a noticia:

"Acciona Energía es, en estos momentos, el motor del grupo..."
 
 

 

11 de abr. de 2013

Táboas salariais 2012

Bos días,

Adxuntamos as táboas salarias, publicadas no BOP de hoxe, para o ano 2012 (vixentes desde o 1-1-12) que son o resultado de aplicar un incremento do 1% as táboas do ano 2011.
CONVENIO PROVINCIAL DE EDIFICACION E OBRAS PÚBLICAS DE A CORUÑA


"entre todos faremos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade."

9 de abr. de 2013

Demanda contra a mesa negociación ERE

Bos días,
 
Como algúns xa coñecedes, o vindeiro día 24 celebrarase en Madrid o xuizo interposto por dous compañeiros, contra a empresa e toda a mesa de negociación do E.R.E., sobre suspensión de contrato de traballo e de tutela de liberdade sindical.
 
Dado o carácter reservado dos datos non publicaremos neste blog a demanda que inclúe, evidentemente, ó noso representante na negociación do E.R.E.
 
Quen teña interés en coñecer algún dato a maiores do xuizo pódese poñer en contacto co comité de empresa.
 
Iremos informando puntualmente do que aconteza no xuizo.
 
Saúdos,