9 de abr. de 2013

Demanda contra a mesa negociación ERE

Bos días,
 
Como algúns xa coñecedes, o vindeiro día 24 celebrarase en Madrid o xuizo interposto por dous compañeiros, contra a empresa e toda a mesa de negociación do E.R.E., sobre suspensión de contrato de traballo e de tutela de liberdade sindical.
 
Dado o carácter reservado dos datos non publicaremos neste blog a demanda que inclúe, evidentemente, ó noso representante na negociación do E.R.E.
 
Quen teña interés en coñecer algún dato a maiores do xuizo pódese poñer en contacto co comité de empresa.
 
Iremos informando puntualmente do que aconteza no xuizo.
 
Saúdos,

2 comentarios :

  1. María Belén Rey Pardo9/4/13

    ¿Podríais explicar mejor que significa esto? ¿Esta audiencia es en Madrid? ¿Quién paga los abogados y los viajes? ¿Qué le supone al ERE?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A demanda esta interposta porque entraron en suspensión dous membros do comité da Zona Centro (un deles desgraciadamente faleceu nesta semana). Efectivamente o xuizo é en Madrid e demandan á empresa e a toda a mesa de negociación do ERE.
      Os gastos terían que ir por conta da empresa (según acordó final do ERE) pero xa se sabe que o cumplimento está sendo.... en fin...
      Ao ERE como tal non lle vai supoñer nada... simplemente que, de prosperar a demanda, a empresa tería que sacar da suspensión os dous representantes sindicais.
      De todos modos é unha demanda curiosa e veremos o posicionamento dos Sincatos Estatais (CCOO, UGT e USO)...

      Eliminar