27 de mar. de 2019

REUNION COA EMPRESA

Bos días,

En contestación ao noso escrito, o vindeiro día 2 de Abril, manteremos unha reunión con representantes de RRHH de Central.

Darémosvos cumprida conta do contido.

Saúdos,

12 de mar. de 2019

REUNIÓN COA EMPRESA

 Despois da normal incertidume que atravesamos nos últimos tempos pola integración de Galiza na Zona Norte de ACCIONA CONSTRUCCION, comprácenos comunicarvos que as xestións do voso Comité de Empresa para clarificar a situación na que quedamos no novo organigrama da empresa, comeza a dar os seus froitos, e xa temos anunciada pola Empresa, unha reunión co Departamento de RRHH de Central,  que exercerá a interlocución co Comité .

  Deste xeito, estamos pendentes da convocatoria da data da  reunión coa mesma, que prevemos se realizará nas vindeiras datas, e nas que lles trasladaremos as nosas inquedanzas e reivindicacións, tales como: estabilidad dos postos de traballo, flexibilidade horaria, medias dietas, gastos de locomoción, vacacións. Porén pediremos información actualizada sobre todos os cambios previstos na nosa empresa asi coma o posíbel traslado das nosas instalacións.

  Grazas pola vosa paciencia, terémosvos informados no caso de calquera novidade.

  Quedamos ao voso dispor en caso de ter calquera dúbida.

  Saúdos,