27 de nov. de 2017

CALENDARIO LABORAL 2018

Boas,
Desculpade, na versión anterior dous festivos de convenio estaban postos como festivos nacionais. Esta versión xa está correxida.
Saúdos,

17 de nov. de 2017

REUNIÓN COA EMPRESA

Bos días,

Ante os vindeiros cambios que se van producir na Area/Zona Galicia, dende o Comité imos solicitar unha reunión coa Empresa para intentar aclarar o mais posible a nova situación.

Para poder elaborar a Orde do Día da xuntanza, e que todos estéamos representados, gustaríanos que nos transmitirades todas as inquedanzas que teñades para trasladalas e intentar aclaralas.

Podedes contactar con calquera membro do Comité ou no noso propio correo.

comiteaccionacoruna@gmail.com

Agradecervos a vosa colaboración neste importante momento da Delegación.


Saúdos,