25 de xan. de 2013

Aclaración Calendario/Horario

Boas noites a todos,
Ante as dúbidas e preguntas que están a xurdir polos comentarios dos compañeiros, queremos facer esta nota aclaratoria:
Dende o comité presentáronse varias propostas de calendario/horario como base para chegar a un acordo que fora convinte para os traballadores e, evidentemente, para a empresa.
Unha desas propostas estaba baseada na xornada flexible pero nas primeiras reunións de traballo rexeitouse por parte da empresa por ser, ao seu entender, de imposible aplicación. As outras propostas melloraban un pouco a situación do horario actual: ampliación da xornada intensiva en 8 días hábiles cun horario de 08:00 a 14:30 (no lugar do que tiñamos de sair ás 15:00), adiantar a hora de entrada en 15' e a de saída noutros 15' a cambio, básicamente, dos días 26 e 27 de decembro que foron neste ano obxeto de discusións. 
Neste momento de negociación estábamos cando de xeito totalmente inesperado e unilateral a empresa decidiu romper as negociacións.
A única alternativa que ofrece é manter o horario que rexía o ano pasado, sen ningunha modificación.
Ante esta situación, soio podemos tomar dúas posicións:
asinar o calendario que a empresa impón e continuar como até de agora ou ben, non asinalo e arriscar a que o calendario que rixa sexa o asinado por sindicatos/patronal que podería supoñer a perda das melloras sobre o calendario do convenio. (básicamente xornada intensiva e venres tarde).
Antes de tomar unha decisión gustarianos coñecer a opinión de todos vós.
Un saúdo,


"entre todos faremos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade."

6 comentarios :

  1. Anónimo25/1/13

    Eu non asino.
    O meu parecer isto e un "desatino"

    ResponderEliminar
  2. Anónimo28/1/13

    Unha dúbida....

    E se non o asinamos? Podemos facer algo para continuar as negociacións ou non sirve de nada? Acaso se non o asinamos simplemente acatamos o calendario de sindicatos/patronal?

    ResponderEliminar
  3. Boas,
    As negociacións rematan o día 30 de xaneiro sen posiblidade de alongamento de plazo. De non chegar a un acordo rexirá o calendario acordado por sindicatos e patronal. Sempre cabería a posibilidade de recurrir xudicialemente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anónimo28/1/13

      Logo non hay negociación posible, non?
      Qué suporía recurrir...aparte de pagar tasas

      Eliminar
  4. Anónimo28/1/13

    Serviría de algo facer unha recolleita de sinaturas dos que estemos polo horario flexible?? Non somos unha oficiña de atención o público polo que poderíamos facelo sen perxudicar a empresa.

    ResponderEliminar
  5. maria luisa velasco mena28/1/13

    En mi opinión, creo que de no poder negociar una jornada flexible, (y visto lo visto parece ser que no), deberíamos suscribir el calendario/horario que ya teníamos, que no es malo, y que mejora sustancialmente al que se firma en el Acta de Convenio. No sé cuales son los pasos para sentarse a negociar, pero, como dice el refrán "dos no discuten si uno no quiere"

    ResponderEliminar