7 de abr. de 2025

 


Boa tarde, en canto á mobilización de mañá diante do persoal da Construción diante da patronal APECCO (que se anticipa histórica), lembramos que terá lugar ás 12:00 horas na rúa Mendaña de Neyra 28, na rúa lateral de ExpoCoruña: 

https://maps.app.goo.gl/349GzoeopFFbvw7k9

Quen o prefira dirixirse ao edificio sindical arredor das 11:30h, desde onde sairemos a pe. 

Agardamos contar coa túa participación na que pode ser a principal mobilización do persoal do sector da Construción polo seu convenio en décadas. Non nos rendiremos ata conseguilo:

CONVENIO GALEGO DA CONSTRUCIÓN, XA!