"As vosas opinións e suxerencias son vitais para que entre todos consigamos un entorno de traballo eficiente e de máis calidade." comité a coruña
8 de feb. de 2019
22 de nov. de 2018
Respuesta RRHH
Buenas tardes,
Os adjuntamos contestación de la Dirección de Recursos Humanos y Organización a nuestro escrito dirigido a la Dirección General de Construcción de España y Portugal.
Dejamos a vuestra interpretación el contenido......
Saludos,
20 de nov. de 2018
CAMBIOS EN ZONA GALICIA-PORTUGAL
Buenos días a tod@s:
Como ya conocéis y, aunque no hay nada oficialmente publicado, se avecinan cambios importantes que afectan a esta Zona.
De lo que sabemos, en fecha sin definir, la Zona Galicia pasará a formar parte de la Zona Norte con las repercusiones que puedan suponer.
Ante esta situación desde el Comité decidimos dirigir una carta al Director de Construcción manifestando nuestra preocupación, descontento y desacuerdo con la reorganización que se pretende.
Para que todos tengamos conocimiento, adjuntamos el escrito enviado:
31 de out. de 2018
10 de out. de 2018
RECLAMACIÓN CONTÍAS DO IRPF POR MATERNIDADE
Como reclamar a devolución das contías do IRPF pola prestación de maternidade
Consulta o procedemento e os modelos para presentar na Axencia Tributaria
- O Tribunal Supremo (en sentenza do 3 de outubro) vén de confirmar que “as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas”. A resolución estabelece doutrina legal e, polo tanto, obriga a Axencia Tributaria a adoptar o novo criterio (contrario ao que viña facendo). Dende a CIG animamos a solicitar a devolución das retencións do IRPF indebidamente cobradas e para iso pomos a túa disposición os modelos adecuados (documentos anexos ao final desta nova).
1º.- Exercicios fiscais 2014 a 2017 (declaracións presentadas de 2015 a 2018):
• Traballadoras ás que lle practicaran retencións de IRPF pola prestación de maternidade nos exercicios fiscais 2014 a 2017 (declaracións presentadas nos anos 2015 a 2018):
a) Formular, perante a Axencia Tributaria, nunha solicitude de rectificación da autoliquidación do IRPF do exercicio/s no que se declararan as prestacións por maternidade con retencións de IRPF (achégase modelo A).
2º.- Exercicio fiscal 2018 (declaración a presentar en 2019):
2º.- Exercicio fiscal 2018 (declaración a presentar en 2019):
• Traballadoras ás que lle estean a practicar retencións de IRPF pola prestación de maternidade no exercicio fiscal 2018 (declaracións que se presentarán no ano 2019):
b) Formular, perante o INSS, unha solicitude de dereito á percibir a prestación íntegra sen retención de IRPF, no resto dos meses do 2018 (achégase modelo B).
c) Formular, perante a Axencia Tributaria, unha solicitude de devolución de ingresos/retencións indebidos dos meses do 2018 nos que xa se lle practicaran as retencións de IRPF (achégase modelo C)*.
* Probabelmente, no período de presentación da Declaración do IRPF (maio xuño 2019) a Axencia Tributaria xa terá instrumentado algún procedemento para a devolución do IRPF indebidamente cobrado no 2018, porque non ten outra que acatar a sentenza do Tribunal Supremo.
3º.- Cuestións comúns para as solicitudes de rectificación e/ou devolución de ingresos que se presenten perante a Axencia Tributaria:
* Probabelmente, no período de presentación da Declaración do IRPF (maio xuño 2019) a Axencia Tributaria xa terá instrumentado algún procedemento para a devolución do IRPF indebidamente cobrado no 2018, porque non ten outra que acatar a sentenza do Tribunal Supremo.
3º.- Cuestións comúns para as solicitudes de rectificación e/ou devolución de ingresos que se presenten perante a Axencia Tributaria:
• Se, percorridos 6 meses desde que se formule a solicitude de rectificación e/ou devolución de ingresos indebidos, non existira resposta da Axencia Tributaria, entenderase desestimada por silencio.
• Desestimada por silencio, quen o desexe disporá de 1 mes máis (tras os 6 meses sen recibir resposta) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non nos dous) contra tal desestimación por silencio, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade ou se lle retornen os ingresos indebidamente realizados do 2018, alegando os razoamentos do TS.
• Se, pola contra, a Axencia Tributaria resolve expresamente a rectificación e/ou devolución de ingresos indebidos, desestimándoa, quen o desexe disporá de 1 mes máis (dende o día no que recibiu a resolución desestimatoria) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non nos dous) contra tal desestimación, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade e/ou que se lle retornen os ingresos indebidamente realizados no 2018, alegando os razoamentos do TS.
O que di a sentenza do TS
A sentenza da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior fixa a seguinte doutrina legal en relación coa dedución do IRPF das prestacións de maternidade:
“Terceiro.- A interpretación sistemática. Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
A prestación por maternidade é o subsidio que xestiona a Seguridade Social que trata de compensar a perda de ingresos da traballadora a consecuencia do permiso de descanso polo nacemento dun fillo ou filla, adopción, tutela ou acollemento, e durante ese período o contrato de traballo fica en suspenso interrompéndose a actividade laboral; e a teor do artigo 177 da devandita norma, considéranse situacións protexidas a maternidade, a adopción, a garda con fins de adopción e o acollemento familiar, consonte co Código Civil ou as leis civís das comunidades autónomas que o regulen.
En consecuencia a prestación por maternidade pode incardinarse no suposto previsto no parágrafo terceiro da letra h do artigo 7 da LIRPF, e por iso o recurso de casación ha ser desestimado e estabelecer como doutrina legal que “as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.”
21 de maio de 2018
Vacacións
Bo día,
Nestes días imos recopilar, para a súa presentación á Empresa, os días de vacacións que cada un de nós quere solicitar.
Recibiredes un correo cun adxunto que deberedes devolver ao comité para fundir todas as solicitudes nun cadro.
Se estás interasado cubreo e entregallo a calquer membro do comité!
Saúdos,
Tamén o podes descarregar aquí:
28 de dec. de 2017
Subscribirse a:
Comentarios
(
Atom
)





