11 de nov. de 2013

Boas Novas. O SEPE AUTORIZA AS PRESTACIÓNS

Na reunión mantida na mañá do venres os compoñentes da Mesa de Seguimento do ERE, a Empresa, U.G.T., CC.OO., SEOPOAN, SEPE e Ministerio de Traballo, acadouse o acordo de AUTORIZAR as prestacións dos empregados afectados polo ERE de Acciona. O SEPE entende que no noso caso non hai a presunción de fraude que motivaba a denegación das prestacións.
 
Antes de que se coñecera a resolución do SEPE, a Empresa comprometeuse a presentar medidas de carácter retroactivo alternativas para compensar o non percibo do desemprego.
 
Trasladamos o correo que o remitiu o representante da Empresa: Eduardo Castilla.
 
 
Informamos a esta Comision de Seguimiento que el SEPE va a proceder a autorizar las prestaciones de los empleados afectados por el ERE de Acciona Infraestructuras.
Han entendido que en nuestro caso no ha habido presunción de fraude y van a resolverlo por la vía de autorizar expresamente las prestaciones de los trabajadores afectados.
 Atentamente
 
Eduardo Castilla
 
 

Ningún comentario :

Publicar un comentario