16 de dec. de 2013

Calendario Laboral 2014 Oficinas Zona

Nos enlaces tedes calendarios e propostas que mañán analizaremos na Asemblea Xeral.
 
Calquera outra porposta será benvida.
 
  1. Calendario Asinado Por Sindicatos e Patronal   Descarregar
  2. Calendario Seguindo Criterios Actuais: Descarregar
  3. Proposta 1: Descarregar
  4. Proposta 2: Descarregar
A negociación está na unión do colectivo.

Saúdos,

13 de dec. de 2013

Asemblea de Traballadores

Se convoca aos traballadores do Centro de Traballo de Juana de Vega (Oficinas Zona) a Asemblea que terá lugar o vindeiro martes, 17-12-2013, ás 19:30 da tarde no andar 9 (Servizo de Compras).
 
Orde do día:
  • Calendario Laboral Oficinas Zona
  • Rogos e Preguntas.
Dada a trascendencia dos asuntos a tratar, é MOI IMPORTATE A ASISTENZA.

12 de dec. de 2013

Festivos de Convenio 2014

Nesta mañá reuníronse as Centrais Sindicais e a Patronal (mesa negociadora do convenio) e chegaron a un acordo para fixar os festivos de convenio para o ano 2014.

A falta de publicación do calendario, adiantamos a xornadas non laborais fixadas:


MES
DIAS NON LABORAIS POR CONVENIO ANO 2014
 XANEIRO   2 e 3
 MARZO   4
 MAIO   2
 XUNIO   24
 DECEMBRO   22, 23, 24, 26, 29,   30 e 31

28 de nov. de 2013

RECOGIDA DE ALIMENTOS Y JUGUETES


Nuestras compañeras Maria Prieto y Juana Lamelas nos envían esta iniciativa:
RECOGIDA DE ALIMENTOS Y JUGUETES
¡Por desgracia, en Galicia también hay necesidad!
Ante la Campaña organizada por Acciona  para la recogida de alimentos (no se incluía Galicia),   nos ofrecimos a la organización Central como voluntarios para crear un punto de recogida aquí,
y su posterior entrega a CRUZ ROJA A CORUÑA y al BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS DE A CORUÑA.  
Hemos organizado el punto de recogida en las oficinas de A Coruña, en la c/ Juana de Vega,  5º Planta.
Desde mañana hasta el día 4 de diciembre, inclusive, podréis depositar aquí vuestra pequeña ayuda.
Los productos que según nos indicaron necesitan con más urgencia son:  
·         ALIMENTOS: Productos no precederos: arroz, legumbres, azúcar, aceite, conservas, pasta, harina, galletas,….
·         JUGUETES: Nuevos o de 2º mano, pero en buen estado. No bélicos y homologados (marcado CE)
·         MATERIAL ESCOLAR: Bolígrafos, cuadernos, libros de cuentos, juegos de mesa, lápices, mochilas, rotuladores, etc…
·         ALIMENTOS y PRODUCTOS HIGIENE BEBES: Leche de continuación, potitos, cereales, jabón, leche hidrante, pañales,…
Igualmente pondremos otra caja para recogida de ropa de niños y bebés, ya que sabemos que también escasea. Puede que muchos tengáis en casa almacenado ropa en buen estado de vuestros hijos que ya no usareis, y que servirían a otros niños que la necesitan.  
Cualquier duda o propuesta que tengáis,… no dudéis en consultarnos o comunicárnoslo.
Para los que estáis en las obras, podéis aprovechar de paso que tengáis que venir aquí por otros temas para traer vuestra ayuda, o mandáis a un recadero/-a.
También podéis en la obra/departamento recoger en unas cajas entre los que queráis colaborar, y después tanto traerlo hasta aquí para la entrega final, como entregarlo en otras delegaciones de CRUZ ROJA y BANCO DE ALIMENTOS más próximos (Pontevedra, Vigo,…) a vuestro centro de trabajo/residencia.
Gracias.

15 de nov. de 2013

Cambios no Comité

Bos días,
 
A nosa compañeira Belén Rey decidiu, por motivos persoais, deixar o seu cargo no Comité. Pasa a ocupar o seu posto o seguinte candidato na lista da C.I.G., o noso compañeiro Manuel Meizoso.
 
Dende o Comité queremos agradecer o traballo levado a cabo pola compañeira que nos deixa e desexar unha boa entrada ao que se incorpora.
 
Saúdos a todos,

11 de nov. de 2013

Boas Novas. O SEPE AUTORIZA AS PRESTACIÓNS

Na reunión mantida na mañá do venres os compoñentes da Mesa de Seguimento do ERE, a Empresa, U.G.T., CC.OO., SEOPOAN, SEPE e Ministerio de Traballo, acadouse o acordo de AUTORIZAR as prestacións dos empregados afectados polo ERE de Acciona. O SEPE entende que no noso caso non hai a presunción de fraude que motivaba a denegación das prestacións.
 
Antes de que se coñecera a resolución do SEPE, a Empresa comprometeuse a presentar medidas de carácter retroactivo alternativas para compensar o non percibo do desemprego.
 
Trasladamos o correo que o remitiu o representante da Empresa: Eduardo Castilla.
 
 
Informamos a esta Comision de Seguimiento que el SEPE va a proceder a autorizar las prestaciones de los empleados afectados por el ERE de Acciona Infraestructuras.
Han entendido que en nuestro caso no ha habido presunción de fraude y van a resolverlo por la vía de autorizar expresamente las prestaciones de los trabajadores afectados.
 Atentamente
 
Eduardo Castilla
 
 

28 de out. de 2013

Denegación Prestación de Desemprego a Empregados Afectados Polo ERE

Sorprendentemente o SEPE (SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO ESTATAL), dependendo da Zona, está tomando decisións distintas no cobro da prestación por desemprego dos compañeiros que, despois de seis meses de suspensión, a empresa decide pasar a extinción.
  • Directamente non recoñece a prestación
  • Concede a prestación e despois a revoca (o que supón a devolución do cobrado!!!!!)
Este problema xurdiu en Andalucía, Zona Centro e Zona de Aragón-Levante e até de agora está a afectar a 16 compañeiros pero, visto o visto, o que moi probablemente suceda é que se revoquen todas as prestacións recibidas e o traballador sexa obrigado a devolvelas.
 



O argumento que expón o SEPE é que NON PODE HABER DÚAS SITUACIÓNS DIFERENTES DENTRO DO MESMO E.R.E.!!!!!!!!!!! (suspensión e extinción)
 

Un compañeiro xa denunciou a situación e o xuízo está previsto para decembro 2014!!!!!!! o que supón que vai estar máis dun ano sen percibir cantidade algunha.
 

A única axuda que está a prestar a empresa é a de preparar as alegacións oporturnas, segundo caso de cada traballador, para entregalas no SEPE.
 

Nas seguintes ligazóns tedes o escrito da Comisión de Seguimento do ERE e a resposta da Empresa.