14 de nov. de 2016

ELECCIÓNS AO COMITÉ


O día 23 temos unha cita ineludible. Nas eleccións ao Comite escollemos os compañeiros que nos representarán os vindeiros catro anos.

Estas son as candidaturas que, provisioriamente, están presentadas:


Calquera reclamación sobre estas candidaturas debe ser presentada hoxe ou mañán ante a Mesa Electoral.
O día 16 será a propia Mesa Electoral quen resolva e proclame as candidaturas definitivas.

26 de out. de 2016

23 de Novembro Eleccións Sindicais




Como seguro xa coñecedes, este luns constituíuse a Mesa Electoral para as eleccións ao Comité de Empresa para a provincia de A Coruña.
Debido a redución de persoal que se levou a cabo durante estes catro anos, o número de compoñentes do Comité pasa de 9 a 5.
No novo Comité 4 compañeiros serán os representantes do Colexio de Técnicos e Administrativos e só 1 o será no Colexio de Especialistas e Operarios.
Dende o Comité queremos animar a que presentedes a vosa candidatura e participedes activamente no funcionamento do noso traballo.
Neste momento e até o día 1/11, estará exposto nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo o censo electoral. Comprobade que figurades e que os datos son correctos para poder exercer o voso dereito a elixir aos representantes que consideredes convinte!!!!
calendario electoral aprobado pola mesa electoral



31 de mar. de 2016

Axudas Redución da Xornada de Traballo


No DOG de hoxe xoves 31 de marzo saen publicadas as axudas aos traballadores que se acolleron á redución da xornada de traballo, e da que tamén se poden beneficiar as traballadoras que formen parte dunha familia monoparental, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, durante polo menos 60 días, para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos (ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %).

Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores (e traballadoras que formen parte dunha familia monoparental) que adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción, sempre que sexa menor de 12 anos.

Hai de prazo desde o 1 de abril até o 1 de maio de 2016 para solicitar as axudas.

Como requisito figura ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o (IPREM) para o ano 2015

Contía das axudas:

a) Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5 % e ata o 25 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionábel (8 meses):
a.1) Unha/un filla/o a cargo: 1.700 euros.
a.2) Dúas/dous fillas/os a cargo: 2.000 euros.
a.3) Tres ou máis fillas/os a cargo: 2.300 euros.

b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 25 % e ata o 37,50 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionábel (8 meses):
b.1) Unha/un filla/o a cargo: 2.800 euros.
b.2) Dúas/dous fillas/os a cargo: 3.100 euros.
b.3) Tres ou máis fillas/os a cargo: 3.400 euros.

c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50 % e ata o 50 % ou máis dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionábel (8 meses):
c.1) Unha/un filla/o a cargo: 3.100 euros.
c.2) Dúas/dous fillas/os a cargo: 3.400 euros.
c.3) Tres ou máis fillas/os a cargo: 3.700 euros.

Tedes toda a información (formularios incluídos) nas seguintes ligazóns:


Diario Oficial de Galicia: 31/03/2016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
EXTRACTO da Resolución do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

9 de mar. de 2016

10 DE MARZO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Un pouco de historia: marzo de 1972

O día 7 de marzo o Sindicato Vertical asinara en Madrid un convenio interprovincial que non recoñecía as reclamacións dos traballadores de Bazán Ferrol de ter convenio propio. As factorías de Cartagena e Cádiz estaban controladas polo Sindicato Vertical e a de Ferrol por CC.OO. O 8 de marzo en asemblea os traballadores de Bazan Ferrol rexeitan o acordo. Acordouse unha nova asemblea de traballadores para o día 9.

A empresa respondeu despedindo a José María Riobó, Manuel Amor Deus, José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, e prohibíndolles o acceso á factoría. Ramiro Romero foi agredido polos gardas de seguridade na entrada do estaleiro ao negarse a asinar a notificación da sanción. Situación que xera enfrontamentos entre traballadores e os gardas. Ao saberse o acontecido o paro foi total. Ás nove e media da mañá uns cinco mil traballadores concentráronse para exixir a anulación dos despidos e sancións aos gardas. O director falou cos traballadores sen aportar solucións. Os traballadores acordaron manterse concentrados ata que se atendan as súas peticións. Ás tres da tarde a dirección da empresa ameazou co desaloxo policial. Diante da negativa dos traballadores ás cinco da tarde cargou a policía pechándose a factoría. Os enfrontamentos continuaron xa na cidade e escoitáronse os primeiros disparos da policía.

O día 10 a prensa informou do acontecido. Do peche da empresa, as cargas policiais e os disparos contra os traballadores. Ás sete e media da mañá xuntáronse uns catro mil traballadores nas portas de Bazán pechadas. Decidiron ir en manifestación ata o polígono de Caranza, entón un barrio novo en construción, e alí xuntarse cos traballadores de Astano. Ao paso dos traballadores na Estrada de Castela ca Avenida das Pías a policía cargou contra os traballadores que responderon con pedras. A policía disparou contra eles. Dous traballadores morreron e medio cento quedaron feridos. A policía tivo que se retirar ao cuartel onde tiveron que defenderse de varios intentos de asalto. Os feridos non foron ao hospital por medo a ser detidos. Ao saberse o que estaba a acontecer as empresas da zona comezaron a pechar en folga solidaria. O goberno cortou as comunicacións por terra e telefónicas da cidade e un buque da Armada Española situouse fronte á ponte das Pías. Representantes dos traballadores entrevistáronse co capitán da Zona Marítima do Cantábrico para evitar a intervención militar. O exército permanece acuartelado e Ferrol é tomado pola Garda Civil e a Policía Armada con efectivos de León e Valladolid. O paro foi total ata o 20 de marzo en que volveu abrir Bazán. A nova tivo alcance mundial e apareceu nas portadas de The Guardian, Le Monde ou The New York Times.

Houbo dous traballadores mortos, Amador Rey e Daniel Niebla, 16 feridos de bala e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas. Só se coñece unha imaxe do acontecido: unha foto onde se ve aos traballadores camiñando pola Estrada de Castela á altura do barrio de Recimil, uns minutos antes dos feitos. O acontecido o 10 de marzo de 1972 nunca foi levado aos xulgados e ninguén respondeu pola morte dos dous traballadores nin polos feridos.